CRTVG

Buscar

Reabren as cafeterías de Verín tras tres semanas pechadas

Publicado o 03/11/2020 14:06

Volven as terrazas a Verín, as cervexas e os cafés. Porque o concello de Verín segue en nivel 3 de restricións, só poden servir nas terrazas a un máximo de 5 persoas por mesa e teñen que ser conviventes.

Foi o 13 de outubro cando botaron o peche. Unha proposta do concello de Verín para frear a expansión do virus que os hostaleiros aceptaron polo ben común. Chegaron a ter no municipio 91 casos activos, hoxe tras varios días seguidos á baixa, están nos 68.

Agardan que pouco a pouco vaian recuperando. 80 establecementos solicitaron a axuda inicial de 300 euros que ofrece o Concello de Verín. O grupo de goberno habilitou outra a maiores que poden pedir en función das perdas.

Noticias web

03/11/2020