CRTVG

Buscar

Reabre unha vella botica de Beariz grazas a un proxecto de restauración

Publicado o 26/09/2019 21:25

Abrir as portas desta vella casa de Doade é como viaxar no tempo. Polo menos ata finais do século dezanove e comezos do vinte, época en que se montou a botica. Consérvase sen apenas cambios tal cal era cando abriu.

O seu principal valor reside nos centos de botes e envases que conteñen substancias usadas para a fabricación de medicamentos. Os seus titulares ao longo do tempo foron tamén ademais de boticarios, médicos e veterinarios. O Colexio de Farmacéuticos ocuparase de avaliar e rehabilitar no posible o rico vademécum farmacolóxico.

Os actuais propietarios do inmoble doárono ao concello por 25 anos. Agora hai visitas de escolares e persoas interesadas. Con todo, a idea é restaurala para que podida ser musealizada.

A botica rural, unha das mellores conservadas de Galicia, medrou grazas á feira de gando que había na carballeira. O día da feira mantense, pero hai xa corenta anos que o último boticario deixou o negocio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/09/2019