Reabre o tráfico no aeroporto de Alacante tras o incendio nas súas instalacións
Publicado o 16/01/2020 15:09
O tráfico no aeroporto de Alacante reabriuse de xeito paulatino desde as dúas tras o incendio nunha das cubertas da terminal de pasaxeiros. Lograron controlar o lume e, segundo os responsables do aeroporto, está garantida a seguridade.
Recomendan aos pasaxeiros afectados que consulten coas compañías aéreas, porque algunhas cancelaron os voos ou reprogramáronos noutros aeroportos. Os afectados quéixanse da falta de información.
O incendio, que comezou este mércoles sobre as dúas da tarde, afectou 1.200 metros cadrados, segundo unha primera valoración, e obrigou o desaloxo dunhas 2.000 persoas.
Máis sobre actualidade
03/03/2021 21:33
03/03/2021 21:27