CRTVG

Buscar

Reabre o 'leirapárking' do HULA cun novo chan que permite a drenaxe

Publicado o 25/09/2019 13:38

Satisfacción dos usuarios na reapertura do aparcadoiro gratuíto do Hospital Lucus Augusti. Posto que non se pode asfaltar por se tratar dun terreo rústico, foron acometidas unha serie de melloras no coñecido como leirapárking. O material do chan foi substituído para permitir a drenaxe e acondicionáronse novos accesos.

"Ademais, moi ben sinalizado e moi ben feito. De verdade é que, desta volta, o Concello fixo unha cousa moi ben feita".

"Está estupendo. O que pasa é que a ver se resiste a auga, porque antes estaba todo cheo de fochas".

O leirapárking complementa así o aparcadoiro interno do HULA, que ten unhas 1.400 prazas. O principal defecto que lle seguen encontrando os usuarios é a falta de vixilancia, que propicia a actividade dos arrombacoches.

"Eles non están autorizados para cobrar aquí nin para facer nada".
"Por riba, se non lles dás uns euros veñen e ráianche o coche".

Nestas obras do aparcadoiro do HULA o Concello de Lugo investiu 40.000 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/09/2019