CRTVG

Buscar

Reabre a hostalaría en Galicia cun plan estrito de seguridade

Publicado o 26/02/2021 19:05

Galicia inicia a desescalada da hostalaría cun obxectivo: que esta reapertura sexa a última, que os bares non teñan que volver pechar. E para iso púxose en marcha desta volta un plan de hostalería segura cuns protocolos máis estritos co cumprimento das limitacións marcadas.

Este plan de hostalaría da Xunta de Galicia  inclúe unhas medidas máis severas, entre elas un recálculo da ocupación do interior terá que ser o 30 por cento da superficie, sen contar cos almacéns, barras e aseo, dividida entre 1,5, que é a distancia mínima que ten que haber entre clientes.

Ademais, a partir do 5 de marzo terán que ter un código QR, co que cada cliente terá que rexistrarse, para que así sexa máis fácil o rastrexo no caso de que haxa algún positivo.

Nos concellos no nivel máis baixo, a hostalaría abriu no interior, pero só cun 30 por cento da ocupación. Cada hostaleiro deberá medir o seu local e indicar a ocupación resultante nun lugar visible. Teñen que montar todas as mesas e indicar as que non se poden usar, no caso das terrazas a metade.

Para colocar os carteis da ocupación e o código QR, que permitirá rastrexar máis facilmente en caso de positivos, teñen de prazo ata o 5 de marzo. Neste caso no que os clientes non teñan a aplicación Passcovid o local pode dispor dos códigos para entregarllelos.

Os hostaleiros son tamén os responsables de que os seus clientes se comporten debidamente para protexerse.

A policía aumenta a vixilancia nos locais, que nos concellos con máis de 20.000 habitantes serán dúas visitas semanais para comprobar que cumpren as medidas e o peche sempre ás seis da tarde. Unhas medidas que os hostaleiros coñeceron onte á tarde e que hoxe os mantiñan atarefados para levalas todas a cabo canto antes.

Noticias web

26/02/2021

Máis sobre actualidade