CRTVG

Buscar

Ratifican a condena a 16 anos de cárcere para os dous acusados polo crime da Esmorga

Publicado o 04/12/2019 19:29
Ratifican a condena a 16 anos de cárcere para os dous acusados polo crime da Esmorga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratifica a condena a 16 anos de cárcere para os dous acusados polo coñecido como crime da Esmorga. Os maxistrados consideran que as conclusións que levaron o tribunal a consideralos responsables dun delito de asasinato están perfectamente razoadas.

Subliñan que hai suficiente probas de cargo para imputarlles a intención de acabar coa súa vida da vítima, un mozo romanés ao que o guindaron, aínda vivo tras darlle uha malleira, á canle dun encoro onde faleceu arrastrado pola corrente.

Os condenados atópanse en liberdade ata que haxa sentenza firme. Contra este auto do Tribunal Superior de Xustiza aínda cabe recurso ante o Supremo.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/12/2019