CRTVG

Buscar

Rapaces e maiores intercambian experiencias sobre a emigración

Publicado o 17/02/2020 20:55


En pequenos grupos, para favorecer o intercambio de opións e de vivencias. Novos e maiores reflexionan nestas xornadas sobre as circunstancias que rodean a emigración


"Si que se pode axudar, si que se pode axudar... guiándoos, aconsellándoos, como nos axudaron a nós". "Está ben, porque así aprendemos dos maiores. Falamos máis con eles, interactuamos e dinnos historias do pasado... E aprendemos deles as súas experiencias". "Estamos poñendo as dificultades e os beneficios que tiveron estas mulleres ao emigrar a outro país", din os participantes.

Entre uns e outros afondan nas dificultades da emigración e tamén no enriquecemento persoal e cultural

"Eu non considero que tivera grandes dificultades, as normais que ten todo o mundo nun lugar distinto. Hai que ter amplitude de perspectiva".

Esta é a quinta edición destas xornadas de Afundación coas que se pretende poñer en valor a experiencia dos maiores e fomentar o intercambio entre xeracións

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2020