CRTVG

Buscar

Rapa das bestas en Sabucedo e en Viveiro

Publicado o 07/07/2019 21:06

Día grande da rapa das bestas de Sabucedo, onde home e cabalo miden as súas forzas nunha festa considerada de interese turístico internacional.

"Hoxe queremos bater o récord de asistentes na rapa das bestas porque esto é un espectáculo que ten que ver todo o mundo".
"É algo da nosa terra e interésanos".

Un público cada ano máis cuantioso acode a ver este espectáculo, no que o cabalo, lonxe do que poda parecer, recibe todo o respecto.

"Ser 'aloitador' é sobre todo coidar da manda todo o ano no monte, traballar non só estes tres días, que creo que son os que festexamos o traballo ao longo de todo o ano. Deixalas rapadas, desparasitadas. É unha loita visualmente un pouco dura, pero moi nobre, sen paus, sen cordas, sen violencia".

"É unha festa que é tradicional e hai que coñecela".

A cantante Rosa Cedrón puxo o broche de ouro a esta xornada en Sabucedo.

Tamén en Viveiro celebran hoxe unha rapa tradicional, que comeza coa baixada dos cabalos ata o curro de Candaoso para preparalos para o verán.

"Imos acurraralos alí. Estamos apartando os poldros pequenos para que non os lastimen os cabalos grandes e despois xa imos subir a elas para rapalas", informa Antonio Yáñez, da comunidade de montes de Boimente.

"Os cabalos o cortarlle as crinas é para quitarlles calor, simplemente, porque se non de verán con todas as crinas... É igual ca nós co pelo largo, se non o cortamos daríanos moita calor", manifesta Carlos Martínez, da comunidade de montes local.

Preto de 250 cabalos de raza galega e de cruce participan nesta rapa de interese turístico que se celebra desde hai 51 anos. É a primeira na que non hai loita de garañóns, en aplicación da lei de benestar animal.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/07/2019