CRTVG

Buscar

Ramón Sarmiento (CCOO): "Agardamos que ese Goberno culmine os acordos que se fraguaron para pechar a investidura"

Publicado o 08/01/2020 11:40

Ramón Sarmiento, secretario xeral de CCOO en Galicia, asegurou no 'Bos días', que "agardamos que ese Goberno culmine os acordos que se fraguaron para pechar a investidura e que os faga realidade". 

Sarmiento explicou que "un dos píares é a desigualdade. Modificar o marco da lexislación laboral aprobado unilateralmente polo Goberno do PP é un elemento central e agrademos que sexa unha galega a que o incentive".

En canto á suba do Salario Mínimo Interprofesional, o secretario xeral de CCOO en Galicia cre que non se debe ser alarmistas: "En termos similares escoitamos voces ante a última suba salarial. Debuxaban un escenario apocaliptico. E máis ben foi o contrario. É interese da clase traballadora pero tamén dos empresarios retomar a senda do diálogo social e que a competencia entre as empresas sexa leal". "É unha mandato da carta social europea que o SMI teña como referencia o 60% do salario medio que se cobra no país". 

Para Sarmiento, os contratos a tempo parcial son un "burato sen fondo, que está sendo mal utilizado e que prexudica princialmente ás mulleres, usado de xeito abusivo nalgúns sectores como a axuda a domicilio, lei dependencia e se usa de xeito fraudulento. Non garante o que ten que garantir un emprego".

En canto a Galicia, para CCOO, "os compromisos aparecen nos acordos e iso é un dato relevante -dixo Sarmiento-. É urxente a resposta ao sector electrointensivo co marco normativo para que teña unha tarifa competitiva, e en Galicia temos empresas que agaradan por iso".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/01/2020