CRTVG

Buscar

Ralentízase a expansión da vespa velutina en Galicia

Publicado o 01/09/2019 12:24

A expansión da vespa velutina ralentízase. Esa é a conclusión que podemos tirar atendendo ao estancamento do número de niños detectados. Os técnicos insisten en que estas cifras hai que tomalas con cautela, pero hai un cambio de tendencia.

Segundo os datos da Consellería de Medio Rural, o numero de niños retirados ou inactivados medrou ano a ano desde 2014, pero en 2018 o crecemento interanual foi menor ca en exercicios anteriores. A Asociación Galega de Apicultura estima que agora hai en Galicia preto de 100.000 niños deste insecto. Insisten en que o trampeo e retirada de niños acaba cunha porcentaxe moi pequena.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/09/2019