CRTVG

Buscar

Rajoy e Casado comparten mitin para apoiar a Feijóo

Publicado o 01/03/2020 21:36

Pablo Casado e Mariano Rajoy defenderon a xestión de Feijóo na Xunta, sobre todo nos anos da crise. E animaron a repetir aquela vitoria o 5 de abril.

Pablo Casado dixo estar moi agradecido a Feijóo por volver optar a presidir a Xunta. Destacou a súa xenerosidade e a dos seus. "Grazas a toda a túa familia, que apostou sempre a que cumpras coa túa vocación política, mesmo en contra dos teus intereses persoais".

O presidente do PP criticou que Pedro Sánchez fale seguido mal de Feijóo. "Sánchez quere agora que outra comunidade histórica, Galicia, estea ao servizo dos independentistas e da extrema esquerda. Por iso ataca a Feijóo e a Galicia e non vén desde que é presidente do Goberno máis que para insultarvos", asegurou Pablo Casado.

Mariano Rajoy gabou a xestión de Feijóo á fronte da Xunta. "Os tres gobernos, o de 2009, o de 2012 e o de 2016, comportáronse como os galegos, con temperanza e moderación e con moi bo sentido. E por iso este partido gaña aquí as eleccións, porque é o que se parece a Galicia", dixo o presidente de honra do PP de Galicia.

Noticias web

01/03/2020