Rajoy bota man de retranca: "Seguir cos meus presupostos é unha boa decisión"
Publicado o 25/08/2019 20:15
Mariano Rajoy deixou algunha mensaxe política no seu pregón e, malia a insistencia dos xornalistas, non quixo afondar en cuestións de actualidade. Aproveitou para reivindicarse e dixo que era unha boa cousa que España seguise cos últimos orzamentos aprobados cando el estaba na Moncloa.