CRTVG

Buscar

Rafinha: "Mellorarei para amosar o meu máximo nivel"

Publicado o 15/10/2019 16:20

• "Esta vez chego coa mesma ilusión que hai seis anos, pero madurei moito"

Rafinha está feliz en Vigo, aséntase no medio campo celeste e vai buscando o seu sitio seguro de que segundo avance a temporada mellorará o seu xogo.

"Chegeui sendo un neno. E esta vez chego coa mesma ilusión que hai seis anos, pero madurei moito"

"Tedes unha frase que é 'Isto vai de corazón' que o resume de verdade o que os xogadores que viñeron senten por este club. Eu se non fose o Celta, quedaría en Barcelona".

"É algo que non se pode explicar, que mamas desde pequeno, que sentes, que vives en cada momeno, no estadio, nos adestramentos, e defender un escudo coma este que o gozaches cando eras pequeno, é algo grande".

"É verdade que sinto ese cariño especial, esas gañas que ten a afección de que eu poida ensinar o meu máximo nivel".

"Non hai dúbida de que vai pasar. Teño cousas que mellorar, pero con este equipo e coas gañas que teño de aprender e ser mellor xogador, non hai dúbida de que vai ocorrer".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/10/2019