CRTVG

Buscar

Rafael Amargo asegura que co tempo se demostrará a súa inocencia

Publicado o 04/12/2020 21:09

O bailarín Rafael Amargo reivindica a súa inocencia tras a súa presunta implicación nun caso de narcotráfico.  Amargo pasou dous días detido despois de que a policía atopase drogas no seu domicilio. O bailarín quedou onte en liberdade con cargos e esta tarde compareceu no Teatro madrileño de La Latina, onde mañá estrea espectáculo. Amargo non quixo falar do seu caso agás para insistir en que o tempo demostrará a súa inocencia.  

"Que se pasa un mal trago? Ben, co tempo vaise demostrar verdadeiramente o que xa é máis que demostrable: que é unha cousa da que son inocente porque se non non estaría aquí que é onde teño que estar", asegurou. 

Noticias web

04/12/2020