CRTVG

Buscar

Quique González e Edu Expósito, rumbo ao Éibar

Publicado o 12/07/2019 19:02


En Eibar xa dan por feita a fichaxe de Edu Expósito e agora parece que tamén queren a Quique González.

Segundo medios eibarreses no club vasco estarían dispostos a pagar uns tres millóns de euros polo pichichi deportivista.

O verán pasado o Deportivo pagáralle un millón 700.000 euros a Osasuna por Quique,; ou sexa que se se confirmase a súa saída ingresaría case o dobre do que lle custou.

A outra operación entre Dépor e Eibar é a de Edu Expósito.

Por este centrocampista os vascos pagaríanlle ao Deportivo arredor de 3 millóns e e medio de euros.

Se se confirman as dúas saídas o Dépor ingresará máis de seis millóns de euros pero perderá dous xogadores moi importante aos que lles terá que buscar substitutos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2019