CRTVG

Buscar

Quintana pídelle ao Ministerio de Pesca que se implique na defensa das empresas afectadas pola Lei de Costas

Publicado o 06/02/2020 21:00

A conselleira do Mar aproveitou a xuntanza coa secretaria xeral de Pesca para pedirlle que se implique na defensa das conserveiras, cocedoiros, depuradoras e outras empresas do mar que se poden ver afectadas polo regulamento da Lei de Costas.

A Xunta calcula que a reforma do regulamento prevista polo Ministerio para a Transición Ecolóxica podería comprometer o futuro de máis de cen empresas do sector do mar. O ministerio de Pesca atende a petición da conselleira.

Xunta e Goberno central tamén comparten a necesidade de simplificar a tramitación das axudas do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca para facilitalas no seguinte período 2021-2027

Noticias web

06/02/2020