CRTVG

Buscar

Quinta vitoria do Obradoiro

Publicado o 08/12/2019 15:07
Quinta vitoria do Obradoiro

Chegou a quinta vitoria do Obradoiro con moito traballo defensivo nos momentos en que o partido entrou en fase decisiva.

Porque o Obra e o Betis repartiron os méritos nos dous primeiros cuartos. O cadro de Moncho Fernández comezou o partido con moito acerto desde a liña de tres puntos con Fletcher Magee e Calloway acertando desde o perímetro.

Os galegos chegaron a ter unha renda de 11 puntos coa particulariedade de que Kravic pasaba desapercibido en ataque e acabou con 0 de catro e menos dous de valoración.

No segundo cuarto reaccionou Curro Segura coa entrada de Wittington e a base de tiros libres foron entrando no partido ata chegar ao descanso con empate a 36 puntos.

No reinicio, o Betis semellaba un equipo que podía conseguir a súa primeira vitoria da campaña como visitante, pero o parcial de 21-11 favorable aos andaluces quedou neutralizado e mesmo superado polo acerto dos galegos que tras un grande atasco ofensivo acabaron o terceiro acto tres arriba.

E os secundarios do cadro santiagués nos últimos dez minutos acabaron sacando as castañas do lume. Dúas triplas de Navarro, acerto de Maxin De Zeuw e un Pepe Pozas que trocou o ritmo dun choque que desde a faceta anotadora dominou Calloway con 17 puntos e ben secundado por Magee con 13.

Os de Moncho xa teñen cinco equipos por baixo na táboa clasificatoria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/12/2019