CRTVG

Buscar

Quince maiores sen virus, trasladados das residencias de Aldán e Barreiro a Patos

Publicado o 05/04/2020 21:11

Nestas dúas ambulancias chegan seis mulleres, usuarias todas da residencia de maiores DomusVi de Barreiro, en Vigo, á súa nova casa provisional, o centro de tempo libre de Patos-Nigrán da Xunta. Nunha terceira ambulancia, a última. Sete anciás en total, trasladadas esta mesma tarde. A cada unha practicáronlle dous tests de detección do coronavirus. Todas deron negativo, así que, ingresan en Patos sas para evitar ao cen por cento un novo foco de contaxio. Na residencia onde vivían, a de Barreiro, houbo 65 positivos e doce mortos por coronavirus.

Dentro desta residencia de tempo libre de Patos agárdanas catro compañeiros, tamén sen coronavirus, certificado por test, que xa chegaron o xoves. En total trasladaron once maiores de Barreiro a Patos. Hai que sumarlles outros oito traslados efectuados nesta mañá de domingo. Eles proviñan doutro gran foco de contaxio de coronavirus nas residencias galegas, a de Aldán, no Morrazo, tamén xetionada por DomusVi. Nela contabilizáronse 102 contaxios e nove mortos. Durante a mañá do domingo os anciáns foron recibidos pola delegada do Goberno da Xunta en Vigo, xa que estes dezanove traslados foron tutelados pola administración galega.

Noticias web

05/04/2020