Quim Torra volve colgar un lazo amarelo na fachada da Generalitat
Publicado o 27/05/2019 21:12
Quim Torra volveu colocar a pancarta co lazo amarelo na fachada do Palau da Generalitat.
O presidente do Goberno catalán tivo que retirar esta pancarta por orde da Xunta Electoral Central, que ditaminou que non se podían exhibir lemas partidistas en edificios públicos durante o período de eleccións.
Cando aínda non pasaran 24 horas dende que pecharan os colexios electorais, a pancarta xa volvía colgar do balcón da Generalitat.