CRTVG

Buscar

Queren crear un xardín mariño na zona portuaria de Vigo

Publicado o 18/02/2019 21:12

Incrementar e facilitar a fixación de especies mariñas en estruturas portuarias. A idea é crear un xardín mariño en zonas do porto de Vigo. O proxecto realizarase mediante a colocación de estruturas colgantes onde de xeito espontáneo se fixa a flora e a fauna mariña.

O estudo, onde participan científicos da Universidade de Vigo, durará nove meses e non haberá que agardar moito polos resultados porque a colonización será rápida e abundante. Isto permitirá á xente gozar da vida mariña aos seus pés. O Porto acoutará unha área na dársena de prácticos e permitirá ao público observar o traballo dos científicos.

Noticias web

18/02/2019