CRTVG

Buscar

Quere o teu mercado, a campaña para valorar as prazas galegas

Publicado o 25/05/2019 20:33

Tratan de facer máis atrativos os mercados de sempre. Oitenta e seis prazas galegas buscan fidelizar a súa clientela e atraer outra nova dando a coñecer a profesionalidade dos praceiros e os valores da compra local.

Incentivar o consumo de produtos frescos e prestar atención á importancia dos valores da compra local son as intencións da campaña internacional "Quere o teu mercado", promovida pola Xunta de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Comercio. Oitenta e seis prazas de toda Galicia e máis de 3.000 praceiros e praceiras sumáronse a esta promoción.

Falan os usuarios das prazas galegas: "A praza?... Aquí hai de todo, isto é unha marabilla. É a mellor praza que temos en toda a contorna! Bo produto, aquí pódese escoller o que se queira!".

"Eu estou encantada. A calidade é outra cousa, eh! A verdade sexa, si... A calidade que hai no mercado non a encontras noutros sitios, nin nos grandes almacéns, aínda que nalgúns teñen boa cousa, pero a do mercado é moito mellor! Pois déronnos uns tíckets coma todos os días, cando vimos, unhas veces son para o aparcamento e hoxe era para bolsas en concreto!".

"Os sábados adoitamos vir á praza, a parte fai bo tempo, pois estase moi ben. E co tema xa do plástico, pois isto está moi ben. Interésame moito isto das bolsas, que non se contamine"...

"Pois a xente pensa que á veces no mercado o produto é moito máis caro... Nunca! O produto sempre vai ser máis barato e a diferenza é que imos encontrar un produto con sabor, porque xa que ao traballalo nós e producilo nós, o sabor é o de toda a santa vida!".

Exposicións de fotografía, obradoiros de cociña, música e numerosas actividades, ademais de regalos coas compras son os alicientes para que cidadáns e visitantes que aínda non coñecen o seu mercado, aprendan a querelo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/05/2019