CRTVG

Buscar

'Quen a ferro mata', vis a vis na gran pantalla entre Cejudo e Tosar

Publicado o 27/08/2019 16:43

Este martes presentouse en Madrid o filme Quen a ferro mata, que chegará este venres á carteleira. Unha película participada pola Televisión de Galicia da que poidemos coñecer algo máis co seu director, Paco Plaza, e o seu protagonista, Luís Tosar.

Todo o que facemos ten consecuencias. Sábeo ben a personaxe de Luis Tosar neste filme. Un enfermeiro que deberá coidar na súa clínica un narco interpretado por Xan Cejudo.

É Quen a ferro mata unha historia co narcotráfico como escenario e motor da trama, pero é tamén o vis a vis cinematográfico entre Cejudo e Tosar.

Serán 326 copias en España, das que contamos 20 en Galicia. O equipo de Quen a ferro mata está preparado para a recepción do público este mesmo venres como consecuencia ao seu traballo.

Noticias web

27/08/2019