CRTVG

Buscar

Queixas veciñais pola maleza e o lixo nunha praza viguesa

Publicado o 16/05/2019 13:26

Entre a rúa da Coruña e os edificios dos xulgados vigueses hai unha praza, situada sobre un aparcadoiro soterrado que hai na zona, no que a primeira vista o que se observa é a maleza no pavimento, o lixo e as pintadas. Un estado de abandono que, segundo os veciños, é o habitual nos últimos anos.

Os veciños urxen unha solución. Pensan que este é un espazo óptimo para a construción dun parque infantil ou para o desfrute dos maiores. Reclaman a humanización dunha zona céntrica e situada a carón de edifcios públicos moi visitados.

O mantemento da praza é responsabilidade da concesionaria do aparcadoiro. Hai anos a empresa comprometérase á súa rehabilitación a instancias do Concello vigués, que lle esixiu o cumprimento das súas competencias. Porén, a situación non mudou e a praza continúa en estado de abandono.

Noticias web

16/05/2019