CRTVG

Buscar

Queimadas dúas mulleres con ácido en Málaga

Publicado o 13/01/2021 09:30

A Garda Civil busca un home de 26 anos con numerosos antecedentes como presunto autor dos feitos. O suposto agresor é a parella dunha das vítimas e, segundo fontes da investigación, xa tiña unha orde de afastamento doutra muller. O ataque sucedeu ás dúas da tarde en Cártama, Málaga. Segundo unha testemuña, o agresor lanzoulles un ácido dende un coche mentres as mulleres estaban noutro vehículo.

Tras seren batuxadas co ácido, botáronse fóra do coche, que acabou chocando cunha farola. Un helicóptero trasladou as vítimas ao hospital. Unha delas presenta queimaduras no 45 por cento do corpo e atópase moi grave na Unidade de Coidados Intensivos; a outra permanece en estado grave. Tras o incidente, o agresor conseguiu fuxir, pero os axentes xa o identificaron despois de que unha das vítimas, a súa parella, dera o seu nome, segundo explica Jorge Gallardo, alcalde de Cártama.

O concello de Cártama convocou para este mércores un acto de condena contra esta agresión machista.

Noticias web

13/01/2021