CRTVG

Buscar

Queda en liberdade o único acusado polo crime de Noitevella en Oleiros

Publicado o 25/01/2020 10:50

A xuíza deixa en liberdade o mozo encarcerado en relación coa morte dun home esta Noitevella nun hotel de Oleiros.

A decisión ten en conta os resultados da autopsia, que apuntan a que o golpe que supostamente lle deu a vítima cun cinceiro non foi a causa final do seu falecemento, senón o dano sufrido na caída posterior, que lle provocou un severo traumatismo cranioencefálico. O avogado do encarcerado xa pedira a súa posta en libertade pola demora da autopsia e a falta de probas que acreditasen que o golpe que supostamente lle propinou o seu cliente á vítima fose mortal.

Malia todo, a investigación continuará coa comparecencia de novas testemuñas. O acusado debe presentarse cada quince días nos xulgados.

Noticias web

25/01/2020