CRTVG

Buscar

Que vai pasar con Huawei e Google?

Publicado o 21/05/2019 19:12

A guerra entre o Goberno estadounidense e o fabricante chinés Huawei chega aos nosos teléfonos.  A empresa norteamericana Google retíralle a Huawei o permiso para usar o sistema operativo Android.

Huawei é a marca que máis móbiles vendeu en España este pasado ano. Hoxe foron moitos os usuarios que acudiron a consultar a unha tenda. E grandes superficies comerciais aceptan a devolución dos móbiles mercados estes días. 

Pero polo de agora a noticia non está afectando as cifras de negocio. Washington acusa a Huawei de ser un axente de espionaxe do Goberno chinés. Detrás desa acusación está a carreira polo control da tecnoloxía 5G,  a Internet do futuro. Este mesmo luns 5 firmas de procesadores suspenderon o envío de chips e memorias a Huawei, algo que afectará tamén os seus ordenadores e tabletas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/05/2019