CRTVG

Buscar

Alcoa San Cibrao, 40 anos como referente industrial e económico da provincia de Lugo

Publicado o 28/05/2020 07:57

A factoría que hoxe se chama Alcoa San Cibrao foi todo un fito industrial da súa época. O proxecto comezou a xestarse xa no ano 1972 e acabou incrementando o nivel de vida de toda a comarca da Mariña e cambiando sustancialmente o territorio. Con case corenta anos, xa superou moitos momentos convulsos, pero o actual semella o máis ameazador para a súa viabilidade.

En outubro a factoría de San Cibrao fará corenta anos. A súa construción, finalizada en 1980, custou 95.000 millóns de pesetas (570 millóns de euros), e nas obras traballaron vinte mil persoas. A Mariña non sería a mesma sen o que nacera como Alúmina Aluminio, un ambicioso proxecto industrial que causou un fondo cambio en todo o territorio e elevou notablemente a renda per cápita da comarca.

Para este 2020, as previsións que se consideraban en xaneiro eran de perdas de 16 millóns de euros en alúmina e 66 millóns en aluminio.

Así foi que nos últimos tempos toda a comarca se mobilizou en varias ocasións en defensa desta factoría ante a redución da produción e a posibilidade do peche e para reclamar o estatuto das electrointensivas, en definitiva, a rebaixa do prezo do megawatt.

En case corenta anos San Cibrao xa superou outros momentos convulsos. Hoxe o futuro inmediato está cargado de ameazas para esta industria que marcou un antes e un despois no norte de Lugo.

Noticias web

28/05/2020

Máis sobre Cervo