CRTVG

Buscar

Que se pode facer fronte á ocupación ilegal dunha vivenda?

Publicado o 30/10/2020 13:55

Vivendas propiedade de bancos ou sociedades e segundas residencias deshabitadas adoitan ser as elixidas polos okupas. E que pode facer o propietario legal ante esta situación? Só collendo na allada os ocupantes entrando na vivenda a policía podería desaloxalos. Do contrario, legalmente hai dúas vias: a máis longa, e que pode demorar un ano en resolverse é presentar unha denuncia penal.

A vía máis rápida é presentar unha demanda civil O desaloxo tamén se demora cando entre os inquilinos ilegais hai menores ou persoas en situación de vulnerabilidade.

Moitos propietarios, desesperados, recorren a empresas de desocupación, pero os expertos desaconséllanas.

Con todo, envian unha mensaxe de tranquilidade porque, fronte ao que poida parecer, o fenómeno da ocupación non é tan preocupante.

Malia que avogan por unha modificación da lei, aseguran que o principal atranco hoxe en día é a saturación dos xulgados, que atrasa os procesos.

Noticias web

30/10/2020