CRTVG

Buscar

Que implica o estado de alarma?

Publicado o 13/03/2020 19:51

 O Goberno non ten por que utilizar todas as prerrogativas que lle permite o estado de alarma, que van desde restrinxir os movementos das persoas ata requisar bens privados e produtos de primeira necesidade. Mentres estea vixente garante unha coordinación absoluta coas comunidades autónomas e limítalles a adopción de medidas de xeito unilateral.

Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional da USC: "Por exemplo medicamentos, produtos de primeira necesidade para facerlle fronte á epidemia. Tamén se poden requisar bens ou establecer obrigas persoais, por exempo para atender nenos ou anciáns. Ese podería limitar o consumo de produtos de primeira necesidade ou intervir os mercados para garantir que haxa eses produtos de primeira necesidade"

Os expertos consideran que o máis importante é que garante unha coordinación absoluta coas comunidades autónomas e limita que estas adopten medidas de xeito unilateral.

Roberto Blanco Valdés. catedrático de Dereito Constitucional da USC: "Todas as autoridades e poderes e organismos públicos quedan baixo a autoridade de quen decreta ou asume os poderes no estado de alarma"

O Goberno debe dar conta ao Congreso das medidas que adopte dentro do estado de alarma. E antes de rematar os primeiros 15 días de vigor debe solicitarlle e este autorizar unha posible prórroga.
 

Noticias web

13/03/2020