CRTVG

Buscar

Putin obtén o apoio maioritario dos cidadáns para seguir no poder

Publicado o 02/07/2020 08:56

O presidente ruso, Vladimir Putin, obtivo o apoio maioritario dos cidadáns para seguir no poder máis aló de 2024.

Segundo datos non definitivos do escrutinio, máis do 70 por cento votaron si ás emendas constitucionais propostas por Putin e o partido do Kremlin.

O resultado do plebiscito, moi criticado pola falta de transparencia e as condicións de excepcionalidade en que se celebrou por mor da pandemia de coronavirus, é moi parecido ao das últimas eleccións presidenciais rusas, cando Putin superou amplamente o 70 por cento.

Noticias web

02/07/2020