CRTVG

Buscar

Putin decreta iniciar o diálogo cos EUA para prorrogar o último tratado de desarmamento nuclear

Publicado o 27/01/2021 07:37
Putin decreta iniciar o diálogo cos EUA para prorrogar o último tratado de desarmamento nuclear

O presidente de Rusia Vladímir Putin ordenou ao Ministerio de Exteriores iniciar as conversas cos Estados Unidos para prorrogar o último tratado de desarmamento nuclear vixente entre ambos os países, o Novo START, tras o seu diálogo da véspera co presidente dos EUA Joe  Biden.

"Encargar ao Ministerio de Exteriores de Rusia levar a cabo as conversas coa parte estadounidense para asinarmos o devandito acordo internacional", reza o correspondente decreto publicado no portal de información legal do Goberno ruso.

Os presidentes de Rusia e os EUA acordaron a véspera prolongar o último tratado de desarmamento nuclear vixente entre ambas as potencias, o Novo START, que expiraba o 5 de febreiro, segundo informou o Kremlin.