CRTVG

Buscar

Punto de mérito do Huesca en Valencia

Publicado o 26/09/2020 21:32

 Xogou o Valencia con lume e a fortuna quixo que non se queimase en Mestalla ante un acabado de ascender.

Arrancaron os de Javi Gracia a medio gas, frouxos no ataque. O Huesca dominaba o encontro pero sen crear demasiado perigo. E de todos é sabido que quen concede acaba pagando. Daniel Wass poñía os locais por diante tras botar unha falta. Balón envelenado que acabaría no fondo da rede.

Á volta do descanso o Valencia consolidaba a súa defensa mentres os de Michel avanzaban metros na área rival. Avisou primeiro Rafa Mir e tivo que intervir Doménech. Volveu meter a man o porteiro valencianista para salvar esta ocasión de Seoane. E á terceira foi a vencida: Siovas empataba o encontro cun gran remate á saída dun córner. Okazaki puido facer o segundo dos visitantes cun disparo que estrelou no traveseiro.

O Valencia quería e non podía porque o fútbol era cousa dos oscenses, axudados ademais polos erros locais. Como este de Guillamón non culminado por Mosquera.

A minutos do final, probou fortuna Gameiro pero xa o partido estaba sentenciado. Primaron a resistencia e o bo facer dos de Michel que suman un punto máis que meritorio ante un decepcionante Valencia.

Noticias web

26/09/2020