CRTVG

Buscar

Publican o testamento de Franco, coa fortuna que lle deixa á muller e á filla, que inclúe o pazo de Meirás

Publicado o 18/11/2019 12:38

O pazo de Meirás foi o ben máis valioso da herdanza que lle deixou Francisco Franco á súa familia. Estaba valorado en catorce millóns de pesetas cando o ditador rexistrou en 1968 o testamento que publica en primicia o xornal madrileño El Mundo.

En total a súa muller, Carmen Polo e a súa filla Carmen Franco herdaron cartos en bens valorados en 28 millóns e media de pesetas da época. Mediante actualización da renda seguindo o IPC, hoxe serían case un millón oitocentos mil euros.

En contas correntes o matrimonio Franco tiña daquela un millón de pesetas, uns 63.000 euros na actualidade. E en accións de diferentes empresas outro millón e medio, uns 90.000 euros de agora.

Sobre as últimas vontades con respecto ao seu enterro Franco deixou fixado no testamento que o asunto quedaba á libre determinación dos seus herdeiros.

O documento coincide bastante con outras investigacións previas que calculaban en 2.000 millóns de euros o patrimonio do ditador á súa morte. Neles detállanse alguns terreos que, se ben non tiñan gran valor catastral daquela, multiplicárono despois. É o caso dunha parcela en Navalcarnero onde acabaron construíndose 2.000 vivendas.

A xoia do testamento de Franco, o pazo de Meiras, está sendo obxecto de litixio contra a familia Franco para revertelo en ben público. Segundo a investigación da Avogacía do Estado a compravenda foi simulada e a escritura de propiedade é un documento simulado e nulo.
 

Noticias web

18/11/2019