CRTVG

Buscar

Publican en aberto unha 'secuencia de consenso' do virus da covid clave para a vacina

Publicado o 11/08/2020 12:51
Publican en aberto unha 'secuencia de consenso' do virus da covid clave para a vacina

Investigadores do centro  IrsiCaixa publicaron "a primeira secuencia de consenso" do virus da COVID-19, o SARS-CoV-2, un elemento "clave" para "acelerar o desenvolvemento dunha vacina", xa que permitiu elaborar unha lista de aminoácidos que poderían activar a inmunidade contra o virus.

Así o anunciou mediante un comunicado IrsiCaixa, un centro de investigación en que participan a consellería de Saúde e a Fundación La Caixa e que contou co apoio da campaña de  micromecenazgo #YoMeCorono, a farmacéutica  Grifols e o Instituto de Saúde Carlos III.

Os investigadores lograron "describir a primeira secuencia xenética consenso do SARS-CoV-2, unha secuencia representativa do xenoma completo de 1.700 virus" que circulan arredor do globo, de modo que puideron elaborar unha lista de entre 1.500 e 3.000  péptidos -un tipo de molécula formada por  aminoácidos- "que poderían activar a inmunidade a longo prazo contra o virus".

Con estes péptidos poderase estudar "co máximo grao de detalle a resposta inmunitaria das células T contra o coronavirus".

As citadas células T son un tipo de  glóbulo branco que actúa ante organismos infecciosos e que o mundo científico mira con esperanza como eventual remedio eficaz contra o virus.

A secuencia está en aberto para que todos os investigadores e investigadoras poidan traballar con ela.