PSOE e UP acordan citar a Rajoy na comisión de investigación do caso Kitchen
Publicado o 10/12/2020 15:10
Ultímase no Congreso a comisión de investigación do caso Kitchen, sobre a espionaxe a o ex-tesoureiro do PP, Luís Bárcenas. PSOE e Unidas Podemos acordaron citar o expresidente do Goberno Mariano Rajoy para que declare nesa comisión.
Tamén decidiron abrir unha rolda de contactos con outros partidos para escoitar propostas. Queren poñela en marcha antes de fin de ano.