CRTVG

Buscar

PSOE e Unidas Podemos forman o primeiro Goberno de coalición da democracia

Publicado o 07/01/2020 15:25

O primeiro Goberno de coalición en España desde a transición non o vai ter doado. As formacións independentistas serán necesarias para sacar adiante calquera reforma. E Bruxelas seguirá de preto as que afecten a economía.

A economía será a verdadeira pedra de toque do novo goberno. PSOE e Podemos apostan por incrementar os ingresos do Estado elevando os impostos, algo que deberán acordar en boa medida cos gobernos autonómicos. Ademais, os expertos calculan que o gasto público vai aumentar máis do que o fará esa capacidade de recadación, cando España non ten marxe para se endebedar máis.

A coalición PSOE-Podemos pactou unha serie de medidas que hai menos dun ano, na votación dos orzamentos do Estado, foron rexeitadas polos independentistas de Esquerra e Bildu. Hoxe a súa abstención foi decisiva na investidura de Pedro Sánchez, como o será o seu apoio a partir de agora para sacar adiante calquera reforma.

Noticias web

07/01/2020