CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero defende que Pedro Sánchez e os socialistas son os únicos garantes de progreso para España

Publicado o 01/11/2019 00:41

Os socialistas galegos escolleron para o inicio da campaña o centro da cidade da Coruña. Ademais do secretario xeral asistiron ao acto a ministra de Economía en funcións, o delegado do Goberno en Galicia, a alcaldesa da cidade e os cabeza de lista pola provincia. O PSdeG aspira a refrendar ou mesmo mellorar os resultados das pasadas eleccións de abril, cando acadaron dez deputados e foron a forza máis votada na comunidade. Gonzalo Caballero defendeu que Pedro Sánchez e os socialistas son os únicos garantes dunha etapa de progreso para España.

Pedro Sánchez abriu a campaña en Sevilla. Reivindicou o labor realizado polo seu goberno desde a moción de censura, e pediu o apoio dos cidadáns para desbloquear a formación dun novo goberno despois do 10 de novembro.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/11/2019