CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero di na cidade de Lugo que o PSOE agora é un partido con ilusión

Publicado o 14/04/2019 15:40

O secretario xeral dos socialistas galegos estivo esta mañá na cidade de Lugo. Acompañado polo Ministro de Ciencia e Tecnoloxía, Pedro Duque, percorreron a zona centro e dirixíronse aos militantes e simpatizantes no Instituto Lucus Augusti. Alí falaron da necesidade de convencer ao electorado para que voten socialismo. Caballero dixo que son un partido con ilusión e renovado.

 · Pedro Sánchez nas Palmas

O candidato do Partido Socialista á presidencia do Goberno continúa nas Illas Canarias explicando o proxecto dos socialistas. Hoxe nas Palmas, Pedro Sánchez asegurou que o PSOE é a única alternativa para avanzar. 

 

 

 

Noticias web

14/04/2019