CRTVG

Buscar

PSA rexistra unha caída da súa facturación dun 25 por cento

Publicado o 28/10/2020 15:15

A industria do automóbil tamén sofre os efectos da pandemia. A facturación de PSA cae preto dun 25 por cento nos tres primeiros trimestres do ano. 

A multinacional finalizou os nove primeiros meses do 2020 cuns ingresos de 40.573 millóns de euros. A compañía explicou que a caída se debe en gran parte ao retroceso das matriculacións mundiais a causa da pandemia do coronavirus.

Neste período a multinacional comercializou 1,62 millóns de vehículos en todos os mercados en que opera, un 37,1% menos na comparativa interanual. 

Para manter a produción e o emprego en PSA Vigo presentaron hoxe o plan para potenciar a fabricación do coche eléctrico.

Noticias web

28/10/2020