CRTVG

Buscar

PSA ofrece crear 350 empregos fixos na negociación do novo convenio

Publicado o 06/02/2020 15:08

PSA Vigo pecha a súa oferta sobre o novo convenio colectivo e os sindicatos teñen que responder o luns.

Sobre emprego, ofrecen máis de 1.000 melloras nos próximos catro anos. Entre elas, 350 contratos fixos. Ademais, outros tantos traballadores a tempo parcial pasarían á xornada completa.

Respecto aos salarios, a empresa propón unha suba media dun 3% este ano e implantar unha nova prima de calidade. Os sindicatos decidirán sobre a proposta despois de consultar cos afiliados.

Noticias web

06/02/2020