CRTVG

Buscar

PSA-Citroën incrementará o cadro de persoal para fabricar 550.000 coches en 2020, o seu máximo histórico

Publicado o 27/12/2019 14:11

A factoría de PSA-Citroën en Vigo vai iniciar 2020 cun aumento de produción que suporá máis contratacións.

Ten previsto activar a finais de xaneiro unha nova quenda de noite, con 600 operarios máis. Citroën prevé fabricar o ano que vén en Balaídos 550.000 coches, o seu máximo histórico.

Citroën-Vigo vai acadar o récord de produción nos seus case 60 anos de historia grazas ao Peugeot 2008 e aos novos vehículos comerciais. Fabricará 2.300 coches ao día, incluídas fins de semana e festivos. A dirección da factoría comezará a negociar en xaneiro un novo convenio colectivo para os seus 6.000 empregados.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/12/2019