CRTVG

Buscar

Proxecto "Aldea Modelo" para loitar contra os lumes no rural

Publicado o 23/06/2019 20:37

O concello ourensán de Cenlle, en pleno Ribeiro, é o primeiro municipio galego que se suma ó proxecto "aldeas modelo", unha iniciativa promovida pola administración destinada a defender e protexer o rural dos incendios forestais.

En Osmo, unha das aldeas do concello, de apenas dez veciños, o despoboamento e o abandono das terras fixeron que a súa fermosa paisaxe sexa, a día de hoxe, un verdadeiro perigo para os lumes forestais. Agora un convenio asinado entre a consellería do Medio Rural, Seaga e a FEGAMP ofrécelles a posibilidade non só de loitar contra os incendios, senón tamén de favorecer o seu desenvolvemento económico.

Por estes traballos de limpeza os veciños pagarían 350 euros ao ano por hectárea.

Dende a consellería comprométense a atopar empresarios dispostos a arrendar os terreos ou a mercar parte do que alí se produza. Os propietarios, pola súa banda, deben formar parte do proxecto por un período minimo de cinco anos.

O proxecto "aldeas modelo" conta para este ano cun orzamento dun millón douscentos mil euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/06/2019