CRTVG

Buscar

Protestas nos Estados Unidos mentres continúa o reconto

Publicado o 05/11/2020 20:30

As mensaxes dos dous candidatos comezan a ter eco nas rúas. En Phoenix, centos de simpatizantes de Trump, algúns deles armados, rodearon a autoridade electoral esixindo a paralización do reconto. En Nova York foron os partidarios de Biden os que saíron á rúa para demandar todo o contrario: as protestas remataron cunha vintena de detidos.

Noticias web

05/11/2020