CRTVG

Buscar

Esíxenlle á Xunta que cumpra coas recomendacións do Consello de Europa sobre o galego

Publicado o 19/12/2019 20:53

A plataforma Queremos Galego manifestouse hoxe nas sete grandes cidades galegas para esixirlle á Xunta que cumpra as recomendacións do Consello de Europa, e anule as limitacións do ensino de galego no Decreto do Idioma.

Baixo o lema "Emerxencia lingüística, precisamos do galego", a plataforma insta o Goberno da Xunta a incentivar o uso do idioma para o desenvolvemento cultural, social e económico de Galicia.

 

Noticias web

19/12/2019