Protestas en Nigrán polo ruído que xeran as festas en dous pazos
Viven preto de dous pazos de Nigrán onde se celebran eventos, de xoves a domingo, ata ben entrada a madrugada. Hoxe protestan diante da casa do concello. Aseguran que levan anos aturando as consecuencias. A última, unha liorta que rematou con dúas persoas no hospital.
A encargada do Pazo de Cea insiste en que neste espazo non se celebran botellóns, senón eventos familiares. Ademais, engade, conta coa licenza correspondente para desenvolver a súa actividade.
No Pazo de Urzáiz, segundo explica o alcalde de Nigrán, ademais de eventos celébranse festas durante o verán, con moito ruído e xente pola rúa. Asegura que o Concello está tentando que este sexa o último ano.
O rexedor explica que a Administración debe actuar dun xeito ordenado para non ter problemas no futuro. O pazo ampárase nunha lexislación que lle permite abrir durante o verán para organizar este tipo de festas.