CRTVG

Buscar

Protestas dos estudantes do Carballiño polo servizo ferroviario

Publicado o 03/11/2019 23:32

Os veciños do Carballiño mobilizáronse esta tarde para esixir melloras nos servizos de ferrocarril.
A posta en marcha do tren de proximidades polo novo trazado que empregará o AVE deixou a vila fóra das conexións rápidas e cun servizo moi reducido.

As asociacións xuvenís Xuca e Asesgal denuncian que o tren rexional ten menos frecuencias e é máis lento. Din que a opción que Renfe lles ofrece na actualidade ao estudantado non ten capacidade suficiente e que hai veces que teñen que realizar a viaxe de pé.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/11/2019