CRTVG

Buscar

Protesta en Santiago para denunciar a violación do cesamento do fogo de Marrocos no Sáhara Occidental

Publicado o 19/11/2020 21:11

A delegación saharauí en Galicia e o movemento Solidariedade Galega co Pobo Saharauí concentráronse esta tarde na compostelá praza das Praterías.

Denuncian a violación hai unha semana por parte de Marrocos do cesamento do fogo asinado no seu día coa Fronte Polisario.

Reclámanlle ao Goberno e a Nacións Unidas unha intervención rápida e decidida na antiga provincia española para poñer fin ao que consideran ocupación ilegal por parte do reino alauita.

Noticias web

19/11/2020