CRTVG

Buscar

Protestas dos estudantes de Medicina da USC por unha docencia "deficiente"

Publicado o 05/11/2019 21:50

Os estudantes de Medicina da Universidade de Santiago convocan folga indefinida para protestar pola que consideran deficiente calidade da docencia que lles imparten. Un grupo deles pasarán a noite pechados na facultade despois de manter diversas accións de protesta durante toda a xornada.

Denuncian, ademais, actitudes vexatorias dalgúns profesores cara aos alumnos, critican a escasa interactividade das clases e quéixanse da falta de recursos para levar a cabo as prácticas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019