CRTVG

Buscar

Protección de Datos quere acabar coa viralidade dos vídeos sexuais ou violentos

Publicado o 26/09/2019 17:08

Pornovinganza, ciberacoso, novatadas..., a situación repítese cada día. Contidos sexuais ou violentos subidos ás redes sen consentimento, que atentan contra a privacidade e producen un dobre dano ás vitimas. Para axilizar a súa retirada e denuncia a Axencia de Protección de Datos pon a disposición da cidadanía un novo canal prioritario, que permite o bloqueo exprés de contidos sensibles.

Os casos serán tratados de xeito prioritario por parte dos inspectores da Axencia, que non precisarán autorización xudicial nin policial para dar unha orde executiva de retirada inmediata dos contidos denunciados.

As sancións por difundir este tipo de contidos poderían acadar os 20 millóns de euros e mesmo ter consecuencias penais en casos graves de ciberacoso.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/09/2019