CRTVG

Buscar

Profesionais expertos en saúde mental agardan un aumento de pacientes nas súas consultas

Publicado o 16/05/2020 15:00

Volvemos poñer un pé na rúa e sentir medo, din os expertos que é tan normal como sentir ilusión. Con todo, algúns psicólogos falan dunha síndrome que podemos sufrir neste ansiado desconfinamento.
"Agora a moda é pórlle nome a todo. A este medo a volver á normalidade, aos nosos postos de traballo, a saír e a facer unha vida relativamente normal a algúen se lle ocorreu poñerlle o nome de síndrome da cabana, que non existe, ese transtorno non está recoñecido en ningún manual de psiquiatria nin pola OMS", afirma Carmen Patiño Psicóloga de emerxencias.
Neste camiño de volta á normalidade, a psicologa insiste na importancia das rutinas, especialmente as que nos dan seguridade, as normas de hixiene e de distancia física.
"Nestas fases da desescalada non nos están dicindo que volver á normalidade é volver a normalidade de antes, e iso é o que ten que entender a xente. Se ti tes un trazo de personalidade ansiosa vaiche afectar máis ou se es hipocondríaco, pois evidentemente vaiche afectar máis que a algunha persoa que non ten patoloxía previa. A quen lle afecta máis? A aquelas persoas que viviron soas este momento, especialmente os nosos maiores, di Carmen Patiño Psicóloga de emerxencias.
Os psicólogos de emerxencias poñen especial atención nas persoas que nesta situación se ven obrigadas asumir a perda dun ser querido. "Temos claro que eses dous van ser complicados, mesmo patolóxicos. Un para que non se volva nin complicado nin patolóxico ten que comezar no momento da morte e houbo casos nos que iso foi imposbile, empezando porque ti non puideches despedirte nin ver a incineración porque non cho permitiron. Temos claro que vai haber unha repunta de solicitudes de atención nas nosas consultas de psiquiatria e psicoloxía, apunta Carmen Patiño.

 

Noticias web

16/05/2020